| Esther Elexgaray Cruz: Licenciada en Dereito na especialidade xurídico-económica pola Universidade de Deusto (1989-1994), exercín como avogada no departamento de Asesoría Xurídica de Euskal Irrati Telebista, EITB (1995-1998) e como Técnico de Información no Centro de Información sobre o Euro de Bizkaia (1999-2000). Até aí, o que di o meu currículo. Pero desde moito tempo antes colecciono preguntas e escribo historias. As segundas sérvenme ás veces para atopar respostas ás primeiras. Noutras ocasións, a maioría, para coleccionar novas dúbidas. Será que, sobre todo, son adicta á palabra.
|